Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B24 C1 C7 C10 C11 C12 Obradoiros o seminarios:Sesions dirixidas á resolución de casos prácticos que requiren solucións creativas e novedosas, para facer fronte aos novos escenarios sociais propios de esta sociedade global.

Asistencia obrigatoria aos obradoiros grupales. Os alumnos e alumnas deben entregar o traballo plantexado pola profesora no plazo marcado na tarefa de Moodle. A asistencia ás charlas divulgativas que poidan substituir aos talleres grupais serán asimesmo de natureza obrigatoria.
No caso de alumnos e alumnas con matrícula parcial VER apartado observación á AVALiACIÓN
20
Sesión maxistral A40 A42 A43 A44 0
Proba obxectiva A45 A46 B2 B3 B7 B12 B13 B16 B24 C1 C7 C10 C11 C12 Realización dun exame teórico tipo test sobre os temas explicados nas leccións maxistrais, obradoiros e/o seminarios ou charlas divulgativas.

Cuestionario tipo test de 40 preguntas de escolla única. Pondera 60% sobre o total da materia. Farase preferentemente baixo plataforma Moodle.

Caso clínico individual ou práctica expositiva. De natureza obrigatoria, sendo prerrogrativa do docente a elección da súa modalidade. Pondera un 20% sobre o total da materia.
As dúas partes da proba obxectiva será individualizada e segregada para cada parte da asignatura (diferentes para a parte de Enfermaría Maternal e a parte de Enfermaría Infantil)

80
 
Observacións avaliación

- Proba obxectiva: constará dunha Proba tipo test: realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o  curso. 

A proba consta de 40 preguntas tipo test con 4 ou máis alternativas nas que solo unha opción e válida. Os contidos que se evaluarán serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais e os seminarios (estudos de casos, obradoiros ou charlas divulgativas)

Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos.

A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

A proba obxectiva completarase cun caso clínico individual e ou traballo expositivo (20% do total da nota), non contemplándose dispensa académica para os alumnos con matrícula parcial.

A dispensa académica e a exención da asistencia entenderase solamente para as clases maxistrais e os seminarios. A porcentaxe de ponderación será neste caso 80% test e 20% caso clínico individual.

- Seminario grupal e estudo de casos: (20% do total da nota) A asistencia virtual ou presencial ás sesions de estudos de casos durante os seminarios non será  obrigatoria para aprobar. Débese xustificar a ausencia e se é posible antes da celebración. Quedan excluidos desta esixencia  os alumnos/as que teñan concedida a matrícula parcial e así conste en secretaría virtual. Estos alumnos e alumnas deben realizar as actividades substitutivas que se lles indiquen as docentes e entregalas no momento indicado: esta programación  realizarase cando se presente o caso particular persoal. Ao inicio do curso deben poñerse en contacto coas profesoras. Deben solicitar a dispensa académica ao Decanato no mesmo momento de remitir a documentación xustificativa.

Nos estudos de caso valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión de situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as aportacions  no proceso de reflexión.

Ao comenzo de cada sesión, o alumno/a demostrará a asistencia. Cada grupo debe entregar o caso no que se traballara no plazo marcado pola docente. A entrega será en tarefas de Moodle ou  a través do correo electrónico e non rebasará o plazo marcado.

As actividades relacionadas cos estudos de casos son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituir por outras actividades da materia, salvo o disposto para os alumnos e alumnas de matrícula parcial. Ao longo do curso se realizarán os estudos de caso planificados no cronograma da materia. 

OBSERVACIONS DE AVALIACIÓN: 

- Fórmula para calcular a calificación da prueba tipo test: 

Cada respuesta correcta puntúa 0.25 punto.

AO número de respostas correctas hai que restar o producto seguinte (0.33 x nº de erros)

A puntuación  dividirase entre 4 para obter a nota.

As preguntas contestadas en blanco non suman nin restan.

En previsión de que algunha pregunta do test poda ser anulada, existirán dúas preguntas a maiores que deben contestarse co mesmo criterio que as 40 preguntas do test. Se algunha ou algunhas preguntas son anuladas, serán substituídas polas de reserva.

Os traballos tutelados e seminarios constituúen o outro 20% da asignatura e se consideran evaluación contínua

- Calificación final da asignatura Enfermería Materno-Infantil:

A nota final de Enfermería Materno-infantil  calcularase facendo unha media ponderada da calificación obtida en Enfermaría Maternal e Enfermaría Infantil por separado. Tendo en conta que o peso sobre a nota final é o seguinte:

- Enfermaría Maternal 40%

- Enfermaría Infantil 60%

Para aprobar a asignatura será obrigado ter aprobadas ambas partes. (Maternal e Infantil)

2ª OPORTUNIDADE, OPORTUNIDADE ADIANTADA DECEMBRO. As seguintes oportunidades serán avaliados pola proba obxectiva escrita (test 80% e caso clínico 20%). Este criterio rexirá tanto para as matrículas ordinarias coma as matrículas a tempo parcial.

Serán considerados non presentados o alumnado que non se presente á realización das probas tipo test e caso clínico.

As clasificación numéricas serán:

  • Menor de 5- SUSPENSO
  • De 5 a 6.99- APROBADO
  • De 7 a 8.99- NOTABLE
  • De 9 a 10- SOBRESAINTE
A obtención de Matrícula de Honra será graciable para aqueles alumnos/as que alcancen ou superen o 9, estando limitado o número de MH á o número de alumnos e alumnas matriculadas.

Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes