Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 Proba escrita de composición mixta dirixida a avaliar a consecución dos obxectivos propostos na asignatura. Permite acadar ata oito puntos do total da materia, debendo obter a lo menos catro para considerarse superada e poder facer o sumatorio das súas partes da materia. 80
Estudo de casos A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 Traballo dirixido a que o alumno obteña destrezas resolutivas na planificación de coidados diante de casos similares aos que pode atopar na práctica como enfermeiro comunitario. Supón un 20 % (2 puntos) da nota total. Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para os alumnos de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

Os alumnos que concurran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou optar pola realización de exame único:

- Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivera aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño.

- Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial da avaliación. En ese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas as materias e as competencias traballadas mediante o estudo de casos ao longo do curso. Será requisito para aprobar o exame acadar 5 puntos e que a lo menos unha de esas preguntas engadidas sexa correctamente respostada.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderán obtela os alumnos que puntúen a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes