Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Xestión dos servizos da Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A53 A54 A55 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B21 B22 C1 C4 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 10% da cualificación final.
10
Análise de fontes documentais A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo na utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Suporá o 10% da cualificación final. 10
Simulación A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 A asistencia e participación activa na aula na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Suporá o 10% da cualificación final. 10
Proba obxectiva A53 A54 A55 B8 C10 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3.
Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias.
70
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 

2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación.

OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación.

MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH  á nota máis alta por encima de 9. 

NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes