Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A29 A30 A38 A56 Faranse preguntas curtas ou de opción múltiple sobre os contidos publicados nesta guía didáctica. 50
Traballos tutelados A38 B5 B7 B10 B12 O traballo en grupo é obrigatorio. Valorarase principalmente o rigor na realización destes. A valoración dos traballos inclúe a análise das fontes documentais, a participación activa nos grupos e a calidade do traballo. 25
Presentación oral B7 C1 Exposición oral pública do traballo supervisado presencialmente ou en equipos (se non se pode realizar presencialmente por causas xustificadas) 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar as partes avaliables desta. Cada unha das partes considérase superada ao alcanzar a metade do seu valor de avaliación.


MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos/as cuxa media supere o 9.5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno/a.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno/a non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes