Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A61 B1 B3 B8 B9 B11 B13 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C12 A realización do traballo en grupo é obrigatoria. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos, estilo, soporte de presentación e bibliografía. 20
Proba mixta A61 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 C1 C4 C10 C12 A proba teórico practica será obrigatoria 80
 
Observacións avaliación

As practicas de Simulación son de asistencia obligatoria. As faltas xustificadas que non superen o 5% das horas, poderán ser recuperadas ao final do cuatrimestre. Faltas de asistencia superiores ao 5% das horas da materia supón a perda da posibilidade de presentarse ao exame teórico-practico da materia, polo que a calificación será de suspenso nas dúas convocatorias. 

A proba teórica será previa a proba práctica. Consistirá nun exame tipo test de 50 preguntas con 4 opcións de resposta por pregunta. Catro preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada.  É imprescindible superar o exame teórico (mínimo de 5 puntos) para poder presentarse ao exame practico.  A proba teórica durára un máximo de 1 hora.

Na proba práctica cada estudante extraerá unha técnica ao azar de entre todas as realizadas nas simulacións. En caso de non superar esta técnica, terá a posibilidade de realizar unha segunda técnica que será asignada polos profesores. No caso de que sea necesaria a segunda técnica, a posibilidade de superación da proba é apto con nota de 5.

Para superar a materia é necesario ter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes, teórica e práctica. 

Unha vez realizadas todas as probas, a parte Teórico-practica puntuarase sobre 8 e a nota do traballo tutelado será para sumar (máximo 2 puntos) non será eliminatoria. En caso de que un grupo non entregue o traballo tutelado, non poderá presentarse a proba teórico-practica.

Convocatoria de segunda oportunidade: o estudante deberá repetir a avaliación Teórico práctica e manterá a nota do traballo tutelado.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes