Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A61 B1 B3 B8 B9 B11 B13 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C12 A realización do traballo en grupo é obrigatoria. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos, estilo, soporte de presentación e bibliografía. 20
Proba mixta A61 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 C1 C4 C10 C12 A proba teórico práctica será obrigatoria 80
 
Observacións avaliación

As prácticas de Simulación son de asistencia obrigatoria. As faltas xustificadas que non superen o 5% das horas, poderán ser recuperadas ao final do cuatrimestre. Faltas de asistencia superiores ao 5% das horas da materia supón a perda da posibilidade de presentarse ao exame teórico-practico da materia, polo que a calificación será de suspenso nas dúas convocatorias. 

A proba teórica será previa á proba práctica. Consistirá nun exame tipo test de 50 preguntas con 4 opcións de resposta por pregunta. Catro preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada.  É imprescindible superar o exame teórico (mínimo de 5 puntos) para poder presentarse ao exame práctico.  A proba teórica durára un máximo de 1 hora.

Na proba práctica a asignación de técnica realizarase de forma aleatoria de entre todas as simuladas en sala de demostración. En caso de non superar esta técnica, o/a alumno/a terá a posibilidade de realizar unha segunda técnica que será asignada polo profesorado. No caso de que sexa necesaria a segunda técnica, a posibilidade de superación da proba é apto con nota de 5. O alumnado disporá dun máximo de 15 min para cada unha das oportunidades (1ª e 2ª técnica).

Para superar a materia é necesario ter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes, teórica e práctica. En caso de non superar algunha das dúas partes, o/a alumno/a será cualificado como suspenso/a e terá que presentarse na 2ª oportunidade ás dúas partes. 

Unha vez realizadas todas as probas, a parte teórico-práctica puntuarase sobre 8 e a nota do traballo tutelado será para sumar (máximo 2 puntos) non será eliminatoria. En caso de que un grupo non entregue o traballo tutelado, non poderá presentarse a proba teórico-práctica.

Convocatoria de segunda oportunidade: o/a estudante deberá repetir a avaliación teórico-práctica e manterá a nota do traballo tutelado.

O sistema de cualificacións  expresarase mediante cualificación numérica dacordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo
de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias
de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema
de cualificacións: 

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaínte

9-10
Matrícula de Honra (Graciable)

As condicións para a obtención dunha matrícula de Honra son que o alumno obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa. No caso de que exista un maior número de de persoas que cumpran os requisitos que o número de posibles matrículas de honra, as/os docentes establecerán unha actividade específica de carácter voluntario para determinar a concesión das mesmas, o cal será comunicado ás/ a os posibles candidatos/as.

A realización fraudulentas das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes