Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Contidos
Temas Subtemas
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro, enfermeira comunitaria que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde. En este rotatorio de práctica clínica o alumnado traballará:

- habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade.
- actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica.
- habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados.
- manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios.
- realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar.
- implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos.
- utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde.
- características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes