Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas que se realizan en estancias IV constitúen unha oportunidade idónea de aprendizaxe e integración do traballo e das actitudes propias do enfermeiro comunitario, toda vez que se producen no escenario real de coidado en que éste desenvolve a súa praxe e no marco dunha equipa multidisciplinar.

En elas o alumno acompaña a un enfermeiro comunitario do que aprende primeiro por observación, reflexión e modelado da súa conducta e progresivamente pola asunción de responsabilidades na prestación de coidados directos ás personas que os precisan, baixo a supervisión do enfermeiro ao que acompaña.
Aprendizaxe servizo A metodoloxía de aprendizaxe-servizo constitúe unha oportunidade de aprendizaxe idónea para o traballo con orientación comunitaria, porque combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, de xeito que o alumno aprende detectando e intervindo sobre necesidades reais de unha comunidade co fin de melloralas.

Na elaboración de este proxecto o alumno non só detecta necesidades de comunidades ou colectivos que a integran, senón tamén activos e fortalezas que poden ser potenciados mellorando a súa resiliencia, e recoñece aquelas situacións para as que está lexitimado a intervir como enfermeiro mediante a prestación de coidados promotores de saúde xa non dirixidos a persoas individuais ou no ámbito privado do grupo doméstico, senón a colectivos que viven e actúan na comunidade.

Este proxecto supón unha experiencia de aprendizaxe pero tamén de intervención real para mellorar a saúde de esa comunidade e faino a través de unha esixente e retadora colaboración intersectorial, identificando e estimulando a participar a outros actores sociais que teñen relación directa ou indirecta co resultado de saúde esperado, tal como se promove dende hai algúns anos na estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde. Así mesmo, o alumno plantexa a intervención para ser realizada no marco dunha atención primaria orientada á comunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes