Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B24 B22 B20 B19 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación.
1.- Presentación e estrutura: ata 0.5 puntos.
2.- Claridade na redacción: ata 0.25 puntos.
3.- Capacidade de análise e síntese: ata 0.25
4.- Capacidade reflexiva, identificación de situacións/problemas e achega de solucións:ata 1 punto.
20
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Avaliarase por parte do profesional enfermeiro responsable da tutorización do alumno/a e mediante a ficha de avaliación da materia o resultado da aprendizaxe:
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de comunicación.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría.
Capacidade de incorporar á práctica os principios éticos e legais.
Capacidade de realización correcta das técnicas e procedementos de coidados de enfermaría.
80
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínica I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao. 
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen  faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor  o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizásese no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Traballos Tutelados). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO na  acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 40% e Traballos Tutelados 10%) en cada unha das partes.
É sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:

0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaliente.
9-10 Matricula de Honra (graciable).


O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.


Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración  ao avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas  Clínicas e Traballo Tutelado) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no traballo tutelado e as competencias adquiridas para esta materia.


Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/traballos tutelados), deberá recuperar toda a materia. A presentación dun novo traballo de solución de problemas, e as prácticas clínicas a recuperación será no Centro de Saúde que se lle asigne, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes