Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación.
1.- Presentación e estrutura: ata 0.5 puntos.
2.- Claridade na redacción: ata 0.25 puntos.
3.- Capacidade de análise e síntese: ata 0.25
4.- Capacidade reflexiva, identificación de situacións/problemas e achega de solucións:ata 1 punto.
20
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Avaliarase por parte do profesional enfermeiro responsable da tutorización do alumno/a e mediante a ficha de avaliación da materia o resultado da aprendizaxe:
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de comunicación.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría.
Capacidade de incorporar á práctica os principios éticos e legais.
Capacidade de realización correcta das técnicas e procedementos de coidados de enfermaría.
80
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor  o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizárase no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Traballos Tutelados). A non superación dunha das partes suporá a calificación de SUSPENSO na  acta. A calificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 40% e Traballos Tutelados 10%) en cada unha das partes.
O sistema de calificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de calificacións:

0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínte.
9-10 Matricula de Honra (graciable).


O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa calificación correspondente.


Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración  para avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas  Clínicas e Traballo Tutelado) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no traballo tutelado e as competencias adquiridas para esta materia.


Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superar a materia ben porque non aprobara as prácticas clínicas, ou o traballo tutelado, deberá recuperar a parte suspensa pero gardaráselle a nota da outra parte, extraordinariamente e só con motivo de esta segunda oportunidade. Caso de non superar a materia nesta segunda oportunidade do curso, teranse por suspensas as dúas partes. 

A recuperación das prácticas clínicas en segunda oportunidade terá lugar no centro de saúde que con motivos de organización se lle poida asignar, a fin de que poidan estar rematadas e avaliadas antes do peche das actas do mes de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes