Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 A61 A60 A59 A58 A57 A56 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A32 A31 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A14 A10 B24 B23 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C13 C12 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de valoración establecidos pola Comisión de Docencia e Validacións da FEP e aprobados en Xunta de Centro, que serán expostos na plataforma Moodle.

- O/a director/a deberá emitir unha calificación sobre o traballo realizado. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 3 puntos.

- O tribunal reunirase nunha sesión extraordinaria destinada a avaliar os TFG presentados polos estudantes. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 5 puntos. Para poder aprobar, será necesario atinxir neste apartado, cando menos 2,5 puntos sobre 5.
80
Presentación oral A62 A61 A60 A59 A58 A57 A56 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A32 A31 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A14 A10 B24 B23 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C13 C12 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 O estudante defenderá pública e presencialmente o traballo presentado.

A defensa consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, na que se dará conta dos aspectos máis relevantes da actividade realizada.

O estudante poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que considere pertinentes.

Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as consideracións que consideren oportunas para poder xulgar o traballo, as que o estudante deberá dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos.

A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 2 puntos.
20
 
Observacións avaliación

O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña constancia fidedigna de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para obter o título de grao, agás os correspondentes ao propio TFG, tal e como recolle no texto consolidado da Normativa reguladora da matrícula e a defensa do TFG.

O tribunal avaliador contará con todas as cualificacións precisas para establecer a cualificación final.

O/a secretario/a do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os estudantes presentados nesa oportunidade.

No caso de que un alumno/a sexa declarado/a non apto/a (cualificación inferior a 5) o tribunal faralles chegar, tanto a él/a como ao/s director/es do TFG as recomendacións que considere oportunas.

No caso de non superar a valiación do tribunal do traballo tutelado (calificación inferior a 2,5 puntos) a calificación que constará na acta de avaliación será a calificación acadada nese apartado en base 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes