Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A14 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A31 A32 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 A59 A60 A61 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de valoración establecidos pola Comisión de Docencia e Validacións da FEP e aprobados en Xunta de Centro, que serán expostos na plataforma Moodle.

- O/a director/a deberá emitir unha calificación sobre o traballo realizado. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 3 puntos.

- O tribunal reunirase nunha sesión extraordinaria destinada a avaliar os TFG presentados polos estudantes. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 5 puntos. Para poder aprobar, será necesario atinxir neste apartado, cando menos 2,5 puntos sobre 5.
80
Presentación oral A10 A14 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A31 A32 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 A59 A60 A61 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 O estudante defenderá pública e presencialmente o traballo presentado.

A defensa consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, na que se dará conta dos aspectos máis relevantes da actividade realizada.

O estudante poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que considere pertinentes.

Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as consideracións que consideren oportunas para poder xulgar o traballo, as que o estudante deberá dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos.

A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 2 puntos.
20
 
Observacións avaliación

O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña constancia fidedigna de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para obter o título de grao, agás os correspondentes ao propio TFG, tal e como recolle no texto consolidado da Normativa reguladora da matrícula e a defensa do TFG.

O tribunal avaliador contará con todas as cualificacións precisas para establecer a cualificación final.

O/a secretario/a do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os estudantes presentados nesa oportunidade.

No caso de que un alumno/a sexa declarado/a non apto/a (cualificación inferior a 5) o tribunal faralles chegar, tanto a él/a como ao/s director/es do TFG as recomendacións que considere oportunas.

No caso de non superar a valiación do tribunal do traballo tutelado (calificación inferior a 2,5 puntos) a calificación que constará na acta de avaliación será a calificación acadada nese apartado en base 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes