Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A14 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A31 A32 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 A59 A60 A61 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de avaliación establecidos no Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao.

O titor avaliará o proceso de elaboración do TFG cunha puntuación de ata 3 puntos e o avaliará o propio TFG cunha calificación de ata 4 puntos segundo os criterios do Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_gr
e comunicará o estudante a súa calificación e a data de revisión.
70
Presentación oral A10 A14 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A31 A32 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 A59 A60 A61 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de avaliación establecidos no Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/. Establecendo unha calificación de ata 1,5 puntos pola exposición e 1,5 puntos pola defensa.

O secretarío do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria. Na acta de cualificación final de TFG figurarán a data, a hora e o lugar da revisión, que se efectuará dentro das 24 horas seguintes á defensa. Na revisión estará presente cando menos, un membro do tribunal avaliador.
30
 
Observacións avaliación

Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes para completar os estudos, como máximo, 78 créditos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para concluír o plan de estudos do grao. 

O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña
constancia fidedigna de que o estudante superou todos os créditos necesarios
para obter o título de grao, agás os correspondentes ao propio TFG, tal e como
recolle no texto consolidado da Normativa reguladora da matrícula e a defensa
do TFG.

 No caso de entregar o traballo fin de grao, solicitar a defensa e non efectuar a exposición e defensa na data e hora acordada, cualificarase como NON PRESENTADO.  Igualmente no caso de expoñer e defender o TFG sen ter todas as materias do grao superadas, avaliarase como NON PRESENTADO.

O tribunal avaliador contará con todas as calificacións precisas para establecer a calificación final.

O secretarío do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria.

Todo alumno autorizado para realizala defensa do seu TFG que non se presente a mesma, será calificado coma non presentado. 

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes