Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A34 A35 A37 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C4 C7 C8 C10 C11 Valorarase a asistencia e participación en actividades divulgativas e científicas propostas dende a materia, ademais da realización de reflexións e/ou tarefas relacionadas con elas. Supoñerán o 20% da nota final. 20
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Presentaranse ao alumnado situacións clínicas prácticas relacionadas cos contidos impartidos nas clases expositivas e seminarios, mediante un sistema de preguntas-respostas, achegando, se é o caso, documentación ou outro material para ampliar coñecementos.
Valorarase a capacidade de relacionar os coñecementos teóricos dos contidos desenvolvidos nas Sesións Máster e nos Seminarios con problemas específicos, así como a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante o traballo colaborativo.
Entregaranse a través da plataforma Moodle. A entrega dos casos prácticos é obrigatoria e deberá realizarse no prazo indicado.
Non serán valorados os traballos que non se presenten en prazo.
Supoñerán o 20% da nota final.
20
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Na práctica deliberada (simulación grabada en video) valorase que o alumno sexa capaz de:
Presentarse, dá acordo á situación, á familia e darlle a opción de expor o motivo das súas preocupacións.
Estruturar o encontro cun inicio, desenlace e un final ou despedida.
Establecer unha relación de axuda e de seguridade, a través dunha escoita activa e sen emitir xuízos de valor.
Conectar emocionalmente e construír unha relación de confianza coa familia.
Permitirlle expresar os seus medos e resolver dúbidas e preocupacións.
Recoller e atender adecuadamente a expresión de emocións.
Establecer unha conversación dialógica coa familia.
Ofrecer á familia a posibilidade de deliberar sobre as decisións a tomar.

Para superar o traballo deberá:
Entregar ou expoñer os traballos tutelados na data que se indique. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
Obter unha puntuación igual o superior a 5 (sobre 10) do peso desta metodoloxía.
Supón o 20% da calificación final.
20
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A proba obxetiva ten un valor de 10 puntos e para superala o estudante debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25). É obrigatoria e será necesario acadar unha puntuación do 50% para sumar o resto de puntuacións.
40
 
Observacións avaliación

MODALIDADE ORDINARIA DE AVALIACIÓN

Para aprobar a materia no RÉXIME ORDINARIO (obrigatoria para todo o alumnado con matrícula ordinaria), o alumnado deberá superar cada unha das partes, eventos científicos e/ou divulgativos (20%), traballos tutelados (20%), estudo de casos (20%) e proba obxectiva (40%).

  • A cualificación de non presentado: outórgase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas.
  • Para optar á matrícula de honra, os estudantes deben acadar unha nota final entre 9,5 e 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O alumnado nestas circunstancias seguirá o sistema de avaliación da 1a oportunidade. Debes presentarte ás actividades académicas pendentes, ou non superadas.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Estes alumnos deberán reunir os mesmos requisitos que nas convocatorias comúns.

CONVOCATORIAS PARA SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS

Para aqueles alumnos que cursen a materia poderán optar entre a avaliación ordinaria ou realizar unha proba obxectiva que represente o 100% da avaliación.

MATRÍCULA PARCIAL

O alumnado con ou sen dispensa académica poderá optar por non asistir ás actividades presenciais grupais (agás as actividades programadas dentro da metodoloxía de eventos científicos e/ou divulgativos), pero deberán traballar nas actividades programadas (segundo a documentación de moodle) e preséntaos individualmente na plataforma moodle ou en persoa nas titorías programadas.

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

Poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria.

FRAUDE

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes