Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fisioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A11 B1 B8 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Terase en conta a participación en clase do alumnado. 0
Proba obxectiva A1 A2 A11 B1 B8 B12 B13 C1 C11 C12 Realizarase un exame correspondente ao primeiro cuadrimestre. Ver observacións de avaliación. Esta proba consistirá no 80% da nota final da parte do primeiro cuadrimestre.

O profesor Martínez Debén realizará un exame de 10 preguntas curtas. Isto consistirá no 80% da nota final da súa parte. Sendo condición ineludible alcanzar unha puntuación de 5 sobre 10.
0
Prácticas a través de TIC A1 A2 A11 B1 B8 B12 B13 C1 C3 C6 C8 C10 C11 C12 Durante o primeiro cuadrimestre o alumnado realizará exercicios relacionados coas clases maxistrais, que xunto con probas prácticas e as presentacións orais suporán o 20 % da cualificación final. 0
Presentación oral A1 A2 A11 B1 B8 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 Durante o primeiro cuadrimestre o alumnado realizará presentacións orais, que xunto coas probas prácticas suporán o 20% da cualificación final. 0
Proba práctica A1 A2 A11 B1 B8 B12 B13 C1 C3 C8 C10 C11 C12 Durante o primeiro cuadrimestre o alumnado realizará probas prácticas, que xunto coas prácticas a través de TIC e as presentación orais suporán o 20 % da cualificación final. 0
Aprendizaxe colaborativa A11 B1 B8 B12 B13 C1 C3 C6 C8 C10 C11 C12 Na parte do profesor Martínez Debén realizaranse seminarios de grupo mediano onde se prepararán temas específicos en grupo, con interacción directa presencial co profesor. Iso suporá o 20 % da nota final da súa parte. 0
 
Observacións avaliación

Oportunidade adiantada: esta proba consistirá en 20 preguntas curtas, 10 correspondentes á materia do primeiro cuadrimestre, e 10 correspondentes a materia do segundo cuadrimestre. Cada pregunta computará 0,5 puntos para un total de 10. Para aprobar será preciso obter un mínimo de 2,5 puntos en cada unha das partes (é dicir, un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das partes).

Materia primeiro cuadrimestre-Sistemas de avaliación: 

Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da nota final) e traballos tutelados (20%). A proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias: Preguntas de ensaio: preguntas abertas de desenvolvemento; preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas); preguntas de ordenación; preguntas de resposta breve; preguntas de discriminación; preguntas de completar; preguntas de asociación. É indispensable aprobar a proba mixta para superar a materia, é dicir, débese de obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Se non se supera o exame final (proba mixta) non se sumará a nota correspondente aos traballos tutelados, e a cualificación da materia será a obtida no exame final. 

Segunda oportunidade (exame de xullo): consistirá na proba obxectiva indicada para cada un dos profesores, cos % correspondentes. A esa nota, sumarase, no seu caso, a % correspondente que se obtivo nas distintas metodoloxías ao longo do curso. 

Matrícula parcial: o alumnado con matrícula parcial avaliarase @teniendo en cuenta cada caso de maneira individualizada. Recoméndase ao alumnado contactar o máis rapidamente posible co profesorado. 

Non presentado: considerarase "non presentado" a calquera alumno/a que non se presente a algunha das probas obxectivas. 

Matrícula de honra: outorgarase aos/as alumnos/as que, obtendo cualificación de sobresaliente, teña as puntuacións máis elevadas. En caso de empate, a persoa que queira acceder a esta cualificación participará nunha nova proba obxectiva escrita. 

Os/as alumnos/as que teñan aprobada unicamente una das partes (ben a correspondente ao primeiro cuadrimestre, ben ao segundo), poderán realizar o exame de xullo da parte pendente. Manterase a nota da parte superada únicamente ata esa segunda oportunidade do curso correspondente. Para superar a materia deben aprobarse ambos os exames de maneira independente. Unha vez superadas ambas as partes, a cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada cuadrimestre. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (copiar, plaxios...), implicará directamente a cualificación de suspenso na materia da convocatoria correspondente.

Sistemas de cualificación: Numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro  (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes