Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fundamentos de Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A23 A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento.

Os contidos a avaliar nesta proba serán:

UNIDADE- COIDADOS BÁSICOS EN ENFERMARÍA:
TEMA 7. NUTRICION E HIDRATACION
TEMA 8. ELIMINACION URINARIA
TEMA 9. ELIMINACION FECAL
TEMA 10. RESPIRACION E CIRCULACION
TEMA 11. MOVERSE E ADOPTAR UNHA BOA POSTURA

UNIDADE- METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA
30
Traballos tutelados A21 B1 B3 B5 B8 B11 B12 B16 B19 B20 B21 B22 C3 C7 C8 C11 Entrega e defensa dun traballo de carácter obrigatorio sobre os contidos de "Historia da Enfermaría"

Os contidos a avaliar nesta proba serán:

UNIDADE- HISTORIA DE ENFERMARÍA

TEMA 1. AS PRÁCTICAS DO COIDADO DENDE A ANTIGÜIDADE ATA A ACTUALIDADE
20
Estudo de casos A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B21 B22 B24 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Proba escrita onde o alumno deberá resolver un caso onde se lle expoñerá un problema de saúde-enfermidade hipotético utilizando para iso o proceso de atención de enfermaría. 20
Proba oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. Implica un estudo amplo e afondo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Os contidos a avaliar nesta proba serán:

UNIDADE- HISTORIA DE ENFERMARÍA:
TEMA 2. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA ENFERMARÍA EN ESPAÑA


UNIDADE - ENFERMERIA PROFESIONAL. MODELOS E TEORIAS DE ENFERMERIA

UNIDADE- COIDADOS BÁSICOS EN ENFERMARÍA:
TEMA 1.SEGURIDAD E ÁMBITO SEGURO
TEMA 2. COMUNICACION
TEMA 3. ESPIRITUALIDADE E CRENZAS
TEMA 4. PERDIDA E DUELO
TEMA 5. HIXIENE E PROTECCION DA PEL
TEMA 6. DESCANSO E SONO
30
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.

Levarase a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas (Estudo de Casos, Traballos Tutelados, Proba Oral e Proba de ensayo/desarrollo) superadas de xeito independente.

Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,8 en acta.

O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final.


MATRÍCULA PARCIAL:

Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.


OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.


MATRÍCULA DE HONRA:

Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5.

Os profesores da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes