Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Biomecánica do membro inferior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B2 B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B16 C1 Realízanse presentacións orais na aula despóis das lecturas pertinentes e os resumes elaborados. 4
Prácticas de laboratorio A11 B6 B7 B8 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B22 C1 C4 C5 C7 Realización de prácticas por parellas no laboratorio. 5
Esquemas A11 B1 B2 B14 B15 C6 Realización de esquemas individuais e/ou por grupos dos bloques temáticos da materia. 4
Portafolios do alumno A11 B3 B19 Presentación escrita dunha exploración biomecánica ó final das prácticas de laboratorio. 5
Proba de completar A11 B3 B16 Complétanse imaxes biomecánicas e frases incompletas sobre contidos expostos previamente. 1
Resumo A11 B1 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B18 B19 C1 C3 C8 Realizaranse por grupos os resumes de temas ou contenidos específicos do programa. 6
Proba práctica A11 B1 B2 B7 B19 Realizarase o exame por parellas. Faranse duas preguntas relativas as probas realizadas durante as clases prácticas de laboratorio. 15
Proba mixta A11 B3 Examen final con duas partes. Tipo test, 20 preguntas e 5 de desarrollo 60
 
Observacións avaliación
  • SUPERACIÓN DA MATERIA
    • Para superar a materia e poder aplicar o cálculo porcentual a cada unha das metodoloxías, é necesario que o alumno obtivese a cualificación de 5 ou superior en:
      • 1- A sesión maxistral ou proba escrita (mixta). É o exame teórico que se efectuará ao finalizar o cuadrimestre na data aprobada por Xunta de Facultade. 
      • 2- As prácticas de laboratorio. O mesmo día do exámen teórico e a continuación realizarase o exame práctico por parellas. 
  • CONDICIÓN DE ALUMNO/A NON PRESENTADO/A 
    • Considérase condición de alumno/a non presentado/a aquel/lla que non se presente ao exame teórico nin práctico. Consérvase o resto das cualificacións relativas ás metodoloxías: esquema, portafolio alumno, presentación oral, proba de completar e resumo, durante todas as convocatorias comprendidas nos cursos 2015-2016 e 2016-2017.
  • CÓMPUTO DA PRESENCIALIDADE
    • Compútase a presencialidad a través da asistencia a:
      • As clases interactivas programadas por grupos de 10,30 a 13:00 horas. Aquilo/as alumno/as que teñan máis de dúas faltas xustificadas, restarán a súa cualificación nun 50% nas metodoloxías: esquema, presentación oral, proba de completar e resumo. Co fin de facilitar a asistencia a todas as clases, é posible cambiar de grupo e por tanto de día de clase interactiva.
      • As clases prácticas de laboratorio. Aquilo/as alumno/as que teñan máis dunha falta xustificada non serán cualificados na metodoloxía portafolio do alumno e reducirase ao 50% a cualificación obtida no exame práctico. Co fin de facilitar a asistencia a todas as clases, é posible cambiar de grupo e por tanto de día de prácticas, previo aviso ao profesor.
  • MATRICULAS DE HONRA
Poderán obter matrícula de honra (MH) aqueles alumnos que obtivesen un 9 ou cualificación superior. Concederase esta cualificación ás mellores notas, tendo en conta a posibilidade de outorgar unha matrícula de honra cada 20 alumnos.
  • ALUMNO/AS CON MATRÍCULA PARCIAL
Aqueles alumnos/as con matrícula parcial están exentos das condicións expostas no apartado: COMPUTO DA PRESENCIALIDAD e veranse sometidos aos seguintes criterios:
  1. A asistencia a clases interactivas non son obrigatorias. Só é obrigatoria a asistencia a clase o día da presentación oral. Deberán presentar individualmente: os esquemas, as probas de completar e os resumos incluídos na metodoloxía. 
  2. É obrigatoria a asistencia a un 50% das clases prácticas de laboratorio.
  • PARA Os RESTANTES CRITERIOS NON EXPOSTOS RELATIVOS Á AVALIACIÓN, SEGUIRANSE As NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO (aprobado polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, modificadas polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014, modificadas polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014).
  • ACLARACIONS PARA A AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS DO TÍTULO XERAIS E TRANSVERSAIS
    • As competencias B1,B2, B3, B7, B10, B12, B13, B14, B16, B18, B19 e B22 asócianse a todas as metodoloxías que se desenvolverán na aula, con especial atención ao traballo na aula, individual e/ou en equipo. Valórase a xestión de tempo e recursos (capacidades procedimentales) co fin de construír estruturas conceptuais (capacidades cognitivas)que poidan ser defendidas polo grupo e transmitidas aos restantes compañeiros.  
    • As competencias B6, B8, C4, C5, C6, C7 e C8  vincúlanse á interacción co restantes compañeiro/as na importancia na adquisición do coñecemento e na resolución de problemas.
    • As competencias B11, B15 e C3 relaciónanse co uso dos Tics, as ferramentas e recursos formato dixital sen emprego de papel.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes