Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 O día do exame escrito facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. 60
Seminario A17 A18 C1 C3 C5 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade.
30
Foro virtual B3 C4 C6 C7 C8 As actividades relacionadas co foro virtual (FV) son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia.
A puntuación no FV especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado na plataforma de teleensinanza moodle.
10
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación. Esta información estará ademais á disposición do alumnado na
plataforma de teleensino Moodle.

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

1.1. Cómpre asistir ao 80% dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar a proba obxetiva (PO) da materia.

1.2. Debe obterse na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

1.3 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9 e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que existan varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuño realizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que otorgará automáticamente a matricula de honra.

2. SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

2.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación,
nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.2 As calificacións dos seminarios non computarán aínda que será necesario ter
superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

3. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

3.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

4. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

4.1 O alumnado que non asista aos seminarios  ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes