Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioética. lexislación e xestión en podoloxía [a extinguir]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente a través do Campus Virtual da materia e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do Estudo de casos.

INSTRUCIÓNS DO EXAME:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as pregútas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.

NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar o equipo e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia da entrega do exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles.
100
 
Observacións avaliación

 En tódalas modalidades e oportunidades de avaliación o exame teórico final suporá o 100% da cualificación da materia.

Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquela alumna ou alumna que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa, priorizando os casos nos que participase de eventos relacionados coa materia ademais do traballo opcional.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes