Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortesioloxía dixital e calzadoterapia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas, relacionadas cos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais, os seminarios e as prácticas de laboratorio.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Os contidos teóricos básicos e outro material para traballar na aula ou fóra dela estará dispoñible na plataforma de teleensino Moodle.
Seminario Nos seminarios trátanse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia. Sobre os devanditos temas desenvolveranse actividades en grupo que se entregarán a través da plataforma de teleensino Moodle, para a súa posterior exposición nos seminarios da materia.
Foro virtual Ferramenta de comunicación asíncrona (foro) está destinada ao tratamento das cuestiones que se formulen a través dun contorno virtual de aprendizaxe, poñendo interese en xerar empatía e solucionar as tarefas que se proporcionen no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite ao alumnado aprender habilidades e destrezas a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes