Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortesioloxía dixital e calzadoterapia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual C7 As actividades relacionadas co foro virtual son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia.
A puntuación no foro virtual (FV) especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado no FV da asignatura.
10
Prácticas de laboratorio A22 B7 C7 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
15
Proba mixta A22 O día do exame escrito facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas. 60
Seminario B7 C7 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade. 15
 
Observacións avaliación

Na presentación da
materia Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia explicarase sucintamente o programa
e as normas para a súa avaliación. Esta información estará ademais á
disposición do alumnado na plataforma de teleensino Moodle.

1.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

1.1. Cómpre asistir ao
80% dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha
puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita
puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

1.2. Cómpre asistir ao
80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e
obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A
devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba
mixta.

1.3. A proba mixta
escrita constará dunha parte con preguntas de tipo test e outra parte con
preguntas curtas. Para superala deberá obterse unha puntuación total, nunha
escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que
integran a proba.

1.4 O alumnado que
obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9
e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de
calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula
de honra.

No caso, de que existan
varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuño
realizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que otorgará
automáticamente a matricula de honra.

2.
SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS
CONVOCATORIAS:

2.1 Cómpre obter na
proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala
numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran a
proba mixta.

2.2 As calificacións dos
seminarios e dos laboratorios non computarán aínda que será necesario ter
superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

3.
ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

3.1 Cómpre obter na
proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala
numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran a
proba mixta, sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final.

3.2 Cómpre realizar unha
proba práctica de laboratorio e obter unha puntuación total, nunha escala
numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da
nota final. A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa
totalidade a proba mixta.

4. CALIFICACIÓN
NON PRESENTADO

4.1 O alumnado que non asista
as prácticas de laboratorio ou a proba mixta na convocatoria establecida para
avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes