Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C1 Os alumnos deberán defender os seus traballos en público. 5
Proba mixta A23 B3 B19 Exame con preguntas (50-70) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 3 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario que o alumno consiga polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10. 80
Traballos tutelados A23 B3 C1 C7 Os alumnos deberán realizar traballos en grupo a definir ao longo do curso 5
Prácticas de laboratorio A23 B1 B3 B19 C7 A asistencia a prácticas é obrigatoria. En caso de necesitar realizar algún cambio, será imprescindible que se realice un cambio con algún compañeiro. Haberá un exame de prácticas nunha data a determinar de común acordo entre os profesores e os alumnos. Para poder realizar o exame, é obrigatorio asistir á totalidade das prácticas. 5
Seminario A23 B1 B3 B19 C1 C7 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria. Avaliarase a asistencia, a participación e a realización de diferentes actividades. 5
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible aprobar tanto a parte práctica como a proba mixta.

O alumno que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. O alumno será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.

Aqueles alumnos con matrícula parcial, de mutuo acordo cos docentes da asignatura poderán acordar actividades para poder conciliar os estudos co seu desenrolo profesional de forma que non se vexan en desventaxa debido ao seu tipo de matricula.

Aqueles alumnos que concorran a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do alumno antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir no alumno. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e os alumnos han de ser conscientes de este feito.

O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnos matriculados. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os alumnos candidatos.

A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles alumnos que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes