Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Terapéutica farmacolóxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B18 B19 C3 C1 A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso (modo de expresión, uso das tecnoloxías da infomración e capacidade de comunicarse), información sobre a farmacoterapia do caso e respostas ás preguntas expostas. 10
Proba de resposta múltiple A19 A32 A50 B1 B3 B19 O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia. 70
Traballos tutelados A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B19 C1 C3 Na cualificación do traballo considerarase a elección do caso exposto, a anamnese farmacolóxica, o tratamento farmacolóxico seleccionado, o coñecemento dos grupos farmacolóxicos empregados (mecanismo de acción, interaccións e reaccións adversas), o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. 10
Obradoiro A19 A32 A50 B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 C4 C7 Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. Entre outros aspectos avaliarase o traballo de forma colaborativo, a capacidade de xestionar a información e a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. 10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

Sistema de cualificacións:

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matricula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriculas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último a nota dos talleres.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma moodle.Nestes casos, a presentación oral dúas traballos tutelados será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. 

Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres, traballo tutelado e presentación oral manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres, traballo tutelado e presentación oral nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller, non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes