Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva [a extinguir]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A19 A20 B1 B3 B9 B14 B18 B19 C1 C3 Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento.
A resolución de casos clínicos representa o 50% da cualificación final.
50
Proba obxectiva A19 A20 A22 A23 B12 Proba obxectiva de 50 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta.
A proba obxectiva representa o 50% da cualificación final.
50
 
Observacións avaliación

Este guía docente correspóndese coa materia de podoloxía deportiva do plan 2009 que se atopa xa en extinción polo que os estudantes coa materia pendente que pertenzan ao devandito plan poderán superar a materia mediante a superación do exame nas convocatorias correspondentes, exame que supón o cento por cento da cualificación final. 


O temario para o devandito exame correspóndese co temario do curso 2021/2022 temario que se poñerá a disposición no campus virtual para dos estudantes teñan esta materia pendente do plan 2009.


A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame

A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9,0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación por encima de 9,0, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida na descripción da avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final 

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a. O alumnado que incurra en plaxio será cualificado con suspenso (0,0) na actividade, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento disciplinario recollido na normativa de UDC.

Realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: el alumno será cualificado con "suspenso" (cualificación numérica 0) na correspondiente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa cualificación no  informe de primeira oportunidade, en caso de ser necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes