Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas con importante apoio audiovisual. Nas sesións maxistrais traballarase con vocabulario en inglés e o tema 2 ("Etioloxía e abordaxe cirúrxica da exóstosis subungueal") será impartido neste idioma e nel o alumno deberá empregar o inglés nas actividades que se desenvolvan na aula. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
A través da plataforma moodle (https://campusvirtual.udc.es/moodle/) ofreceranse materiais para apoiar os contidos básicos do temario así como material para traballar na aula e fóra dela. Tamén se poderá colgar material de apoio na páxina web www.foroactua.com
NOTA:
Según normativa da UDC (http://www.udc.es/comunicacion/novas/2012/05/nota_prensa_20120529.html) aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial terán dereito preferente a elixir quenda cando haxa dúas ou máis grupos con horarios diferentes nunha determinada materia e a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible.

Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatorias na súa totalidade e o seu obxectivo xeral é que o alumno/a desenvolva unhas habilidades básicas no manexo do instrumental cirúrxico e coñeza o protocolo prequirúrgico da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia ao profesor da materia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 5 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 3 ausencias a prácticas de laboratorio son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Xornadas Laboralia
-Outras actividades que poidan ser valoradas polo profesor da materia

O alumno deberá asistir á práctica de laboratorio incorporándose ao grupo que lle foi asignado. Realizarase control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao comezo da práctica. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica de laboratorio. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor da materia antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade a prácticas é de obrigado cumprimento polo que as faltas reiteradas de puntualidade serán penalizadas pudiendollegar a supor o suspenso da materia.

AVISO: É requisito imprescindible acudir ás mesmas con bata ou pixama branco, bolígrafo e bloc de notas.
Seminario Nos seminarios traballaranse aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupo que servirán para afondar nos contidos da materia. Traballarase ademais con textos en inglés e castelán indistintamente. O traballo realizado en cada un dos seminarios reflectirase coa entrega dunha actividade individual ou en grupo.
As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non poden recuperarse ou ser substituídas por outra actividade da materia. Ademais, é necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada aos seminarios para superar a materia. En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder 10 preguntas de tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios.
Traballos tutelados Realizarase e exporá na aula un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario. As pautas para a súa realización así como a data de entrega e exposición detallarase o día da presentación da materia e anunciarase na plataforma virtual da UDC. Na súa exposición e/ou elaboración o alumno/a deberá utilizar o inglés.
Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada
Proba de ensaio Dos temas tratados nos contidos que indique o profesor realizarase unha proba individual de ensaio/desenvolvo ao finalizar cada un deles que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno.
Esta proba cualificarase con 0 ou 1 punto en función de que se superen ou non as probas de ensaio-desenvolvo que se realicen ao longo do curso:
-Entre o 70 e o 100% de probas superadas = 1 pto
-Entre o 50 e o 70% de probas superadas = 0,5 ptos
-Menos do 50% de probas superadas = 0 ptos
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar cada proba de ensaio.
As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva de 50 preguntas tipo test
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes