Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 A realización e exposición na aula das actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non poden recuperarse ou ser substituídas por outra actividade da materia.
É necesario obter cando menos unha puntuación de 5 sobre 10 puntos posibles na súa realización e exposición.
Na cualificación dos seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
As pautas para levar a cabo as actividades e expoñelas daranse o día de presentación da materia e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.

5
Sesión maxistral B5 B6 B8 B9 B13 B19 C1 C2 C3 C6 A asistencia e participación nas sesións maxistrais cualificarase con 0 ou 0,5 puntos en función de que se obteña a presenza e participación na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso:
-Entre o 70 e o 100% da asistencia e participación activa na aula = 0,5 ptos
-Entre o 50 e o 70% da asistencia e participación activa na aula = 0,25 ptos
-Menos do 50% da asistencia e pouca ou nula participación na aula = 0 ptos
5
Prácticas de laboratorio B5 B6 B8 B9 B19 C1 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (control de asistencia) para superar a materia.
Os 2 últimos días do programa práctico destínanse á realización dunha proba teórico-práctica na que se debe obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 puntos posibles.
10
Proba de ensaio A54 B3 Dos temas tratados nos contidos que indique o profesor realizarase unha proba individual de ensaio/desenvolvo ao finalizar cada un deles co obxectivo de valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno.
Esta proba cualificarase con 0 ou 1 punto en función de que se superen ou non as probas de ensaio-desenvolvo que se realicen ao longo do curso:
-Entre o 70 e o 100% de probas superadas = 1 pto
-Entre o 50 e o 70% de probas superadas = 0,5 ptos
-Menos do 50% de probas superadas = 0 ptos
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar cada proba de ensaio.
As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
10
Traballos tutelados B3 B5 B8 Realizarase e exporá na aula un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario. As pautas para a súa realización así como a data de entrega e exposición detallarase o día da presentación da materia e anunciarase na plataforma virtual da UDC. Na súa exposición e/ou elaboración o alumno/a deberá utilizar o inglés.
Na cualificación do traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles na súa realización e exposición.
10
Proba obxectiva A33 B17 Realizarase unha proba obxectiva de 50 preguntas tipo test
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
60
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é necesario:

Lograr a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías que computan na avaliación e que son de realización obrigatoria. Ademais é necesario asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e realizar e expor as actividades relacionadas cos seminarios e cos traballos tutelados. En caso de non alcanzar a nota mínima nos seminarios durante o curso académico o alumno deberá presentar na convocatoria de xullo todas as tarefas realizadas nos mesmos durante o curso académico para lograr como máximo a puntuación mínima destes.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursasen polo menos unha vez a materia e realizado as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a un exame teórico final tendo en conta que a cualificación do exame suporá o 100% da cualificación da materia.

Os alumnos con matrícula parcial: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% un exame práctico que se realizará o mesmo día da proba obxectiva ao finalizar a mesma. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas fose significativa.

NOTA: non se atenderán reclamacións relacionadas coas puntuacións obtidas nas diferentes probas por correo electrónico ou calquera outro medio non presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes