Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Pe de risco
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunas preguntas dirigidas a los estudiantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje.
Obradoiro Modalidad formativa orientada a la aplicación de aprendizajes en la que se pueden combinar diversas metodologías/pruebas (exposiciones, simulaciones, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través de la que el alumnado desarrolla tareas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con el apoyo y supervisión del profesorado.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico como a elaboración dunha prótese transmetarsiana e unha férula de descarga total (Plastic Cast ou TCC).
A realización de cada unha destas dúas practicas realizarase dividindo a todos os alumnos matriculados na materia en 4 grupos (uns 10 alumnos por grupo) e desenvolvendo cada práctica nunha única xornada duns 270 minutos de duración, ao que haberá que engadir unha última xornada de valoración que se realizará o último día de prácticas da materia, habendo de entregar unha memoria de cada unha una das prácticas.
A asistencia a estas prácticas será obrigatoria permitíndose que calquera alumno se intercambie de grupo sempre que non varía o total de alumnos de cada grupo.
Durante todas as prácticas o alumno deberá de levar bata, bolígrafo de 4 cores, máscara facial/lentes de protección-máscara.
Para a realización da práctica da prótese transmetatarsiana que se desenvolverá no Laboratorio 2 (con fornos, vacums, pulidoras, pistolas de aire quente) da Facultade, en cada grupo precisaranse: 1 ferro de Goma espuma de 10 mm de grosos, 1 ferro (70x100cm) de resina de poliester termoformable de 1,9 mm de grosos, 1 ferro (70x100cm) de EVA Globus de 6 mm de grosor, 1 ferro (70x100cm) de roval-foam de 5mm de grosos, 1 ferro (70x100cm) de plastazote de 10mm de grosos, 2 botes de cola de contacto de 0,5L con pincel. Ademais do uso de bata e máscara-lentes de protección.
Para a realización da práctica da férula de descarga total que se desenvolverá no Laboratorio 1 (con serra cortaescayolas e podoscopio), en cada grupo precisaranse: 1 rolo (1mx30cm) de feltro adhesivo de 8 mm de grosor,1 rolo (1mx30cm) de feltro adhesivo de 10 mm de grosor, 1 rolo (30cmx1m) de feltro adhesivo de 4 mm de grosor, 1 rolo (2,5cmx5m) de esparadrapo celulósico, 5 paquetes de 5 gasas de 10x10cm, 1 bote de povidona iodada de 250mL, 1 rolo (12cmx30m) de filme transparente de 15 cm de ancho, 10 rolos de venda guata ou acolchado (Soffban® ou Caresoft®), 10 rolos de venda sintéticas de 10-15 cm de ancho (Rhena cast®, Delta cast® ou Dynacast extra®), 2 rolos de venda elástica adhesiva de ancho 5 ou 7,5 (Tensoplast®), 1 rolo (30cmx3m) de Moleskin ou feltro adhesivo de 1mm de grosor.
Traballos tutelados Os alumnos organizados en grupos deberán elaborar un traballo sobre a creación e funcionamento dunha unidade de pé diabético.
Os traballos serán entregados a través da plataforma Moodle co nome de arquivo: Unidade_PD_GrupoX.pdf
Estre traballo cunha extensión dunhas 10-20 páxinas constará dos seguintes apartados:
1- Definición da Diabetes Definición DM, tipos, complicacións
2- Epidemiología
3- Definición do Pé diabético
4- Fisiopatología
5- Xustificación
6- Obxectivos
7- Organigrama, estrutura ou formulación do proxecto
8- Protocolos e follas clínicas.
Tras a entrega do traballo este será exposto durante 10 minutos e defendido durante no horario de clases do mes de decembro. Esta esposición do traballo de creación e funcionamento dunha unidade de pé diabético centrándose nos seguintes apartados:
- Xustificación
-Obxectivos
-Organigrama, estrutura ou formulación do proxecto
-Protocolos e follas clínicas
Traballos tutelados Os alumnos organizados en grupos deberán elaborar un proxecto de prevención e educación de lesións en pacientes diabéticos, que será serán entregados a través da plataforma Moodle e desenvolvido e exposto fronte a grupos de pacientes durante o mes de novembro.
Proba mixta Proba teórica que se desenvolverá o día marcado no calendario académico para exame.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia.
Este exame constará de 30 preguntas tipo test e 5 preguntas de desenvolvemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes