Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Pe de risco [a extinguir]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A28 A44 B11 B12 B18 B19 C3 C4 C5 Este exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvoltos tanto nas sesións maxistrais, coma nos seminarios, talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia.
O exame teórico realizarase presencialmente e empregando o Campus Virtual da materia. Constará dun exame final tipo test de 30 preguntas test e 5 preguntas de desenvolvemento. Para superar a proba teórica con cualificación de aprobado será necesario superar o 50% das preguntas do exame tipo test, 3 das preguntas de desenvolvemento.

INSTRUCIÓNS DO EXAME TEST:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as preguntas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.

INSTRUCIÓNS DO EXAME DE DESENVOLVEMENTO:
- As respostas ás preguntas de desenvolvemento poden contestarse en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A resposta á pregunta exposta, cubrirase nos espazos dispoñibles para a resposta no Campus Virtual da materia.

NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- A conexión realizarase a traves da rede wifi propia da UDC EDUROAM (previamente configurada), sendo necesario ter instalado o aplicativo Safe Exam Browser no equipo.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar a equipa e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia de ter entregado o exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles.
100
 
Observacións avaliación

Para superar a materia en todalas oportunidades e modalidades é necesario ademais de alcanzar 5 sobre 10 no total da materia, superar a cualificación do exame tipo test con máis de 5 sobre 10 (15 preguntas netas correctas),  superar a cualificación do exame de desenvolvemento como con máis de 5/10 (máis da metade da puntuación máxima) e superar o exame práctico de elaboración de sistemas de prótese e descarga e  evaluación e cribado do pie diabético. 

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presenten á proba mixta.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña mais dun 95% da cualificación da materia e sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes