Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 2 [a extinguir]
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral [extinguida]/750G02001
Anatomía específica do membro inferior [extinguida]/750G02002
Fisioloxía xeral [extinguida]/750G02003
Fisioloxía de sistemas [extinguida]/750G02004
Bioloxía [extinguida]/750G02005
Psicoloxía [extinguida]/750G02006
Microbioloxía e parasitoloxía [extinguida]/750G02007
Patoloxía xeral [extinguida]/750G02008
Farmacoloxía [extinguida]/750G02009
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude [extinguida]/750G02010
Método científico e Saude Pública [extinguida]/750G02011
Podología xeral [extinguida]/750G02012
Biomecánica do membro inferior [extinguida]/750G02013
Radiodiagnóstico e Radioprotección [extinguida]/750G02014
Podoloxía Preventiva [a extinquir]/750G02015
Ortopodoloxía 1 [extinguida]/750G02017
Ortopodoloxía 2 [extinguida]/750G02018
Ortopodoloxía 3 [a extinquir]/750G02019
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia [a extinquir]/750G02020
Patoloxía Podolóxica 1 [extinguida]/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2 [a extinquir]/750G02022
Podoloxía Física [a extinquir]/750G02023
Dermatoloxía [a extinquir]/750G02026
Quiropodoloxía 1 [extinguida]/750G02027
Quiropodoloxía 2 [extinguida]/750G02028
Cirugía Podolóxica 1 [a extinquir]/750G02029
Cirugía Podolóxica 2 [a extinquir]/750G02030
Técnicas e procedementos en prevención da infección [extinguida]/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapéutica farmacolóxica [a extinguir]/750G02024
Podoloxía Deportiva [a extinguir]/750G02025
Pe de risco [a extinguir]/750G02031

Materias que continúan o temario
Prácticum 3 [a extinguir]/750G02035

Observacións

MATERIAL DOCENTE. 

Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal.

 Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.



PERSPECTIVA DE XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


<p>O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. A fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado do Practicum 2 aqueles docentes que así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada rotación o troco de hora de inicio y fin de la práctica notificándoo ó persoal da CUP. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.</p>

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes