Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3 [a extinguir]
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticum 3 [a extinguir] Código 750G02035
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Profesorado
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Durante o Practicum 3, o alumno asume o último bloque das súas prácticas preprofesionais. Estas prácticas desenvólvense na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) e nos Servizos Clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol para que o estudante incorpore á súa formación as competencias e valores profesionais fundamentais para o exercicio da súa profesión. O bloque práctico supón unha participación activa do alumno no proceso asistencial, sempre baixo a supervisión do profesorado. Durante as mesmas poderán desenvolverse outras actividades en forma de seminarios ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e habilidades relacionados coa práctica clínica, como o estudo e discusión de casos, a interpretación de probas complementarias ou a elaboración de informes. Antes do inicio das prácticas clínicas porase a disposición do alumno un anexo desta guía no que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, metodoloxía e avaliación da materia. *A materia Practicum 3 é unha materia en extinción (sen docencia asignada) da práctica asistencial clínica na que o alumnado ten a obriga de asistir a ditas prácticas para ser avaliado mediante avaliación continua. Por este motivo, non existe a posibilidade de cursar e aprobar o Prácticum do plan de estudos 2009, sendo obrigatorio cursar a materia do plan de estudos 2019.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes