Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas supoñen a participación gradual e supervisada do alumno/a en o proceso de atención podológica integral aos pacientes atendidos nos diferentes servizos da CUP e as prácticas externas nos Servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito sempre que sexa posible participará nas sesións clínicas que leven a cabo nos diferentes Servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 5 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Xornadas Laboralia
-Outras actividades que poidan ser valoradas polos docentes da materia

Todo o alumnado debe asistir a prácticas incorporándose ao grupo que lle foi asignado e dado que a asistencia é diaria non existe posibilidade de cambio de prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 16:00 a 16:15h). A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera hora de chegada posterior ás 16:15h. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía muy especialmente en lo que al secreto profesional se refiere.
Portafolios do alumno Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/ao día da presentación da materia
Proba obxectiva Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes