Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
40
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (16%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (16%)
-Servizo COT (4%)
-Outros Servizos hospitalarios (4%)

É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. 20
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas.
O alumno que falte aínda de forma xustificada a un número de
prácticas maior ao 10% (5 faltas) poderá supor un suspenso na materia
debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso
un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a
cualificación de "Non Presentado" no conxunto da materia tanto para a
primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no
seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación e
obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os alumnos que
non superen a puntuación mínima ou se presenten ao exame individual na
convocatoria de maio terán opción a facelo na convocatoria de xullo.
No mes de xullo non hai opción a recuperar ningunha outra parte da
materia polo que si está suspensa o alumno/a estará suspenso no
Prácticum 3 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos doentes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP, do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente,
será sometida a avaliación polo claustro de profesorado da materia,
previo informe da situación desencadeada, e pode supor o suspenso
automático no Prácticum 3.

- Falar e permanecer nos corredores ou en recepción.

- Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas.

- Escoitar música durante as prácticas.

- Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.

-
Non rexistrar e comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na
recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e
apelidos).

- Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.

- Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención.

- Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.

- Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CPI ou cafetaría).


- Non portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama
e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores ou lentes de protección.


- Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou
curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis,
pendentes longos ou pulseiras.

- Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra:
dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado
que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de
que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan
outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os
alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba
que consistirá en novo exame de características similares ás da proba
obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos
interesados/as 3 días antes da data de actas.

En caso de non existir
ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha
cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á
matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do
conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o
requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a
actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.

2) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para
aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas
obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia
novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha
cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade
das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia
novamente.

3) Conservaranse
de forma automática as cualificacións superadas de calquera das
metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

4) Para os alumnos con matrícula parcial:
poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da
materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e
exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro
curso en que se curse a materia coa cualificación de "Non presentado" e no segundo
coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de
realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade
de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na
modalidade ordinaria

5) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación :
Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de
avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as
prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 25% da materia), poderán
presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa
cualificación suporá o 75% da cualificación da materia.

6)Non presentado: aqueles
alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia
a súa cualificación será automáticamente de "Non Presentado" (para
calqueira das oportunidades do curso).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes