Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A62 A60 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A35 A64 Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
40
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (19%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (19%)
-Servizo Cámara hiperbárica (2%)

É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. 20
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das
prácticas clínicas
. O alumnado que falte aínda de forma
xustificada a un número de prácticas maior a 8 faltas e aínda que só sexa unha
non xustificada suporá un suspenso debendo de matricularse no
seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas
superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no
conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade,
debendo de matricularse no seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario
aproba
r cada un dos apartados da avaliación contínua e exame así como
obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os alumnos que non
superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na
convocatoria de xaneiro terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na
avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o
portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o alumno/a
estará suspenso debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou
comportamento
cos doentes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como
faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP , do segredo profesional e
da lexislación sanitaria vixente , será sometida a avaliación polo claustro de
profesorado da materia, previo informe da situación desencadeada, e pode supor
o suspenso.

- Falar e permanecer nos corredores ou en recepción. - Utilizar o teléfono
móbil durante as prácticas. - Escoitar música durante as prácticas. - Realizar
fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP. - Non rexistrar e
comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na recepción ou non
identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas
realizadas por cada alumno/a e profesor responsable. - Non recoller ou
organizar os gabinetes e salas tras o seu uso. - Dar o alta ou cita a un
paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención. -
Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor
responsable da práctica. - Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se
permite na aula CPI ou cafetaría). - Non portar o cartón identificativo,
indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4
cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou
equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección. -
Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as
uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou
pulseiras. - Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.udc.es/fep/cup).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra : dado o
seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un
10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis
alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota
oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha
proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de
características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e
hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas.

En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado
que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar
á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto
de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo,
puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas
durante o desenvolvemento da materia.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª
oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que
superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o
sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o
Prácticum 3 debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os
supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas
de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores
matrículas :
Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas
obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou
presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de
5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá
que cursar a totalidade da materia novamente. 

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas
de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma
convocatoria. 

5) Para os alumnos con matrícula parcial : poderán desenvolver a materia realizando os
diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas,
portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o
primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo
coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos
mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao
comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade
ordinaria 

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para aqueles alumnos/as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e
cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia),
poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa
cualificación suporá o 60% da cualificación da materia. 

7) Non presentado: aqueles alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas
clínicas da materia a súa cualificación será automáticamente de Non Presentado
(para calqueira das oportunidades do curso).


8) Alumnos de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación
dos alumnos de mobilidade (tanto Erasmus, como SICUE, como Bilateral)
realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar
no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de
prácticas. 

9)
Mentores ERASMUS e Bilateral:

Ao comezo da materia proporase
a todos os alumnos que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no
Prácticum 2 priorizando a aqueles alumnos obtivesen unha maior cualificación no
Prácticum 2 e os que en cursos anteriores realizasen unha estancia de
mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno que
estea interesado en participar como mentor dentro da actividade Moodle onde
voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e
xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a
fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación
como mentor sumará ata +0,5 á súa cualificación final da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes