Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Anatomía específica do membro inferior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A65 A66 Elaboración do caderno de prácticas 15
Sesión maxistral A65 A66 B23 B25 B29 C9 C11 C14 C15 C17 Avaliarase a participación activa en clase 5
Proba obxectiva A65 A66 Examen test de resposta múltiple 80
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario realizar as actividades prácticas e superar a avaliación final das mesmas con alomenos unha puntuación de 5 sobre 10, ademáis de obtener unha media de 6 (sobre 10) na calificación da proba de resposta múltiple e 5 sobre 10 no total da asignatura.

Convocatorias de segunda oportunidade e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que teñan cursado a materia e realizado as prácticas obrigatorias de forma completa ca calificación de apto, deben ter en conta que poden voltar a cursar toda a materia novamente e presentarse só ao examen teórico final, tendo en conta que a calificación do exame teórico fará media cas calificacións das prácticas, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que teñan cursado as mesmas.

Para os alumnos con matrícula parcial ou dispensa académica: poderán obter a calificación da asignatura ca modalidad ordinaria na que a proba de resposta múltiple supón o 40% da calificación e o outro 60% corresponde á elaboración do cuadernillo de prácticas e os traballos tutelados, e seguimento das sesión maxistrais. Nesta modalidade será obrigatorio superar a proba de resposta múltiple e realizar os cadernillos de prácticas para superar la asignatura.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aquelles alumnos/as que teñan solicitado a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e se lles conceda podrán presentarse ó exame teórico final cuia calificación suporá o 100% da calificación da materia.

Non presentado: Se calificará como non presentado ós/ás alumnos/as que non concurran á realización do exame e/ou non entreguen os cadernillos de prácticas nos prazos definidos.

Matrícula de honra: Poderá obterse a calificación de matrícula de honra habendo obtido a calificación de sobresainte e a máxima calificación na avaliación e seguimento continuo realizado durante o curso académico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes