Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Psicoloxía Aplicada e Saúde
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

RECOMENDACIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON-DISCRIMINACIÓN: Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no contorno para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENIBLE: Para axudar a conseguir un contorno inmediato sustenble e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustenble ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sustenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustenbilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes