Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A67 A69 A72 B23 C9 Avaliaranse as respostas do alumno aos exames que constarán de dúas partes:
Bases biolóxicas: preguntas de proba e preguntas curtas; identificación de estruturas en imaxes histolóxicas.
Bases físicas: resolución de problemas.
70
Prácticas de laboratorio A67 A69 B39 C9 Avaliarase o informe que han de entregar os alumnos ao profesor. 15
Traballos tutelados A67 A69 A72 B23 B29 B35 B39 C9 C11 Avaliarase a súa presentación en clase. 15
 
Observacións avaliación

Bloque Bases Biolóxicas: a evaluación consistirá en prácticas de
laboratorio (5%), traballos tutelados (5%) e proba mixta (40%).

Bloque Bases Físicas: a evaluación consistirá en prácticas de laboratorio (10%), traballos tutelados (10%) e proba mixta (30%).

O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade. Na segunda oportunidade, a exposición oral pode substituírse por traballo escrito.

Na oportunidade adiantada, realizarase unha proba mixta que cubra todos os contidos da materia.

No caso de estudantes con matrícula a tempo parcial, o sistema de avaliación será o mesmo que para o resto do alumnado. Isto é certo tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Os alumnos con dispensa académica poderán optar por evaluación basada nos exames.

Para superar a materia, s estudantes deben superar o examen/es do Bloque de Bioloxía cunha nota igual ou superior a 5.

Para a concesión do "Matrícula de Honra" priorizaranse os estudantes que superen a materia na primeira oportunidade.

Na primeira oportunidade considérase "Non presentado" cando o alumno non realizara as probas mixtas e/ou os traballos supervisados. Na segunda oportunidade, considérase "Non presentado" se o alumno non realiza a proba mixta.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes