Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A82 B3 B24 B25 B27 B28 B36 C9 C16 - DOCUMENTACIÓN (Temas 1 y 2): 23.4% da nota final da materia . Traballos tutelados: 40% deste apartado Exame mixto, 60% deste apartado

- METODOLOGÍA CUANTITATIVA (Temas 3 y 4): se realizará una proba que poderá incluír preguntas de resposta curta ou preguntas de opción múltiple e/o exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Obterá unha puntuación mínima de 0 e máxima de 10. O resultado desta proba supoñerá o 60% da cualificación global desta parte da materia (representa o 23.4% da nota final da materia).

-METODOLOGÍA CUALITATIVA (Tema 5). Realizarase un exame que constará de preguntas de resposta curta ou tipo test, sobre os contidos teóricos e as prácticas realizadas no desenvolvemento da materia, coincidindo na data oficial aprobada en xunta de facultade. Obterá unha puntuación mínima de 0 e máxima de 5 para o alumnado de matrícula ordinaria ou quen escolla esta opción en 2º matrículas e outras. O resultado desta proba supoñerá o 60% da cualificación global desta parte da materia. Para o alumnado de 2º matrículas e outras que escolla a modalidade de avaliación exclusiva mediante proba mixta, a puntuación mínima será 0 e máxima de 10. O resultado desta proba supoñerá o 100% da cualificación global desta parte da materia. Esta modalidade poderá ser escollida unicamente na circunstancia descrita anteriormente e a condición de que se aprobou o traballo tutelado en anteriores matrículas. (Representa un 13.2% da nota final da asignatura)
60
Solución de problemas A78 A81 A82 B2 B3 B25 B26 B28 B35 B36 C9 C11 - DOCUMENTACIÓN (Temas 1 e 2): Traballos realizados en clase de modo grupal nos que se desenvolverán supostos prácticos sobre os diferentes aspectos explicados na sesión maxistral. Este apartado non computará na avaliación.

- METOOLOXÍA CUANTITATIVA (Temas 3 e 4): Propoñeranse probas de avaliación continua, casos e exercicios que serán resoltos polos alumnos. Formulación de casos prácticos e exercicios que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, así como facendo uso de paquetes estatísticos, a entrega será puntuable nos casos en que así se indique.
Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media deste apartado representará o 40% da cualificación global desta parte da materia (un 15,6% da nota final da materia)
15.6
Traballos tutelados A10 A49 A82 B3 B4 B9 B12 B14 B24 B25 B26 B27 B28 B35 B36 B39 C1 C2 C3 C6 C8 C9 C11 C16 - DOCUMENTACIÓN (Temas 1 e 2): Realizaranse 4 traballos en grupos que terá unha puntuación máxima de 4 puntos (sobre 10) na nota da avaliación deste módulo da materia (representa un 15,6% da nota final da asignatura)


-METODOLOXÍA CUALITATIVA (Tema 5): realizaranse a través dun proceso de avaliación continua unha serie de traballos tutelados en grupos de 5-6 estudantes, que culminará na exposición e defensa do traballo realizado. A puntuación oscilará entre un mínimo de 0 e un máximo de 5. O resultado desta metodoloxía representará o 40% da cualificación global desta parte da materia. Esta metodoloxía é obrigatoria para alumnado de matrícula ordinaria, e matricula parcial ou dispensa académica (representa un 8.8% da nota final da asignatura)
24.4
 
Observacións avaliación

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 3 bloques:

  • DOCUMENTACIÓN (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra. María Sobrido Prieto.
  • METODOLOXÍA CUANTITATIVA (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra.Teresa Seoane Pillado (Coordinadora da materia).
  • METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 22% da nota final, Prof. Dra. Sara Fernández Basanta

Para aprobara materia é necesario superar cada unha das 3 partes individualmente . A nota final calcularase segundo o peso en créditosECTS de cada unha das partes.

No caso de que non se supere algunha das tres partes da materia na 1ª oportunidade, a nota quefigurará será a cualificación obtida tras a ponderación de cada parte se éinferior a 5, noutro caso a nota será un 4,5. En 2ª oportunidade manteraseaprobada a parte ou partes superadas en 1ª oportunidade dentro dá a mesmaconvocatoria

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Dado o carácter prácticodesta materia, levarase a cabo unha avaliación continua. Ademais dos traballos tutelados e solución de problemas ao longo do curso, as materias de Metodoloxía Cuantitativa e Documentación poderán ser avaliadas ao finalizar a docencia

1ª OPORTUNIDADE:

Documentación: Para aprobar este módulo é requisito indispensable ter realizado o 100% de cada unha das metodoloxías e lograr a metade da puntuación en cada una das metodoloxías que computan na avaliación

Metodoloxía Cuantitativa: A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade e outras.

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán de acordo á devandita metodoloxía son: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos probas e probas teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia.

Metodoloxía Cualitativa: O resultado de avaliación procede da suma dascualificacións obtidas da metodoloxía de avaliación continua (traballotutelado) 50% e o exame (proba mixta) 50%, sendo obrigatorias ambas as metodoloxíaspara proceder ao sumatorio de ambas as cualificacións desta parte da materia. Acualificación obtida sobre 10 será ponderada de acordo á porcentaxe asignada aesta parte da materia (22%). A puntuación mínima para superar esta parte damateria será de 1,1 puntos sobre o total de 2,2 puntos.

2º OPORTUNIDADE:

O sistema de avaliación descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ªcomo en 2ª oportunidade

2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRICULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA:

Documentación: O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, acollerase ao mesmo sistema de avaliación establecido para primeira matrícula

Metodoloxía Cuantitativa: O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia na oportunidade de xullo (2ª oportunidade) exclusivamente, mediante a avaliación do exame. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a cualificación obtida. O/a alumno/a deberá comunicar á docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xullo

Metodología Cualitativa:

2º matrícula e posteriores: O alumnado nesta situación poderá escoller entre o mesmo sistema de avaliación que o descrito para a modalidade ordinaria de avaliaciónou presentarse a un exame exclusivamente, a condición de que en anteriores matrículas aprobase o traballo tutelado. A avaliación mediante exame exclusivamente terá un valor de 10 puntos (ponderado 2.2 puntos), que será necesario aprobar para que se proceda co sumatorio do resto das partes da materia. Esta opción deberá ser comunicada ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa á profesora responsable.

Matriculaparcial ou dispensa académica: O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coa profesora ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.

OPORTUNIDADE ADIANTADA.

Os/As alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único examen que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade

MATRICULA DE HONRA

Outorgarase ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e suma de todas as partes da materia.

As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os aspirantes poderán ser convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as MH ás mellores cualificacións

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non realizase polo menos una das probas mixtas das distintas partes da materia (Documentación, e/o Metodoloxía Cuantitativa, e/o Metodoloxía Cualitativa)

FRAUDE:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na devandita proba ou actividade na oportunidade correspondente, invalidando a súa cualificación tamén para oportunidades sucesivas.

SICUE , ERASMUS e BILATERAL

Alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas profesoras ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes