Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía xeral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral realizada polo profesor e aberta á participación do alumno con introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios e bibliografía documental. Esta metodoloxía desenvolverase nos horarios establecidos.
Prácticas de laboratorio Traballo en grupo a través da participación activa do alumno, mediante a realización metodolóxica de manobras/procedementos e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados cos contidos da materia.
Lecturas Profundización na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/o motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Traballos tutelados Aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor a través de traballos de grupo, onde se traballa a sistemática de procura de información e manexo de ferramentas telepáticas.
Presentación oral Intervención inherente a os procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal estudantes e docentes interactúan de maneira ordenada, propoñendo preguntas, aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa con varias opcións de resposta ou alternativas que acheguen posibles solucións, das cales só unha é válida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes