Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A89 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 15
Proba de resposta múltiple A87 A88 A89 A90 B23 B24 B33 C17 Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa con varias opcións de resposta ou alternativas que acheguen posibles solucións, das cales só unha é válida. 60
Sesión maxistral A87 A88 A89 A90 B23 B24 B25 B26 B27 B28 B30 B33 B37 B39 Desenvolvemento dos contidos do programa da materia en sesión maxistral, nos horarios establecidos pola facultade. 5
Prácticas de laboratorio C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C17 Realizaranse prácticas daqueles contidos que así o requiran, como se especifica no programa da materia.
Traballásese de forma individualizada, en parella e grupos as diversas probas exploratorias propias dos contidos da materia.
10
Traballos tutelados C13 C15 C17 Os alumnos deberán elaborar un traballo o longo do curso cun contenido relacionado coa materia. 10
 
Observacións avaliación
Os estudantes con matrícula a tempo parcial, dispensa académica ou outros supostos recolleitos na norma que regula o réxime de dedicación ao estudo, permanencia  e progresión,  deberán  enviar un e-mail ao profesor indicando a súa situación ao comezo do curso académico. 

Se un estudante matriculouse en materias dun  curso superior que por solapamento de horas impídelle acudir ás prácticas e seminarios, ten que ter en conta que dita situación non lle exime de asistir a materia de Podoloxía Xeral.


Para o aprobado na materia será necesario: 

  • Asistir á totalidade dos  seminarios.
  • Presentar os traballos e asistir á exposición dos mesmos na data sinalada.
  • Realizar a totalidade das prácticas.
  • Os estudantes con dispensa académica, entregarán os traballos e as actividades dirixidas, acordadas previamente co docente, en modalidade en liña e nas datas establecidas.
  • Os alumnos con matrícula parcial, dispensa académica  para superar a materia, terán que  obter un 6 na cualificación do exame teórico e un 6 no exame práctico.
  • A cualificación de non presentado:  outorgarase a aqueles estudantes que non se presentan ao exame.
  • Para a matrícula de honra a cualificación obtida será de 10 sobre 10 puntos.
  • Unha vez finalizado o curso académico, non se gardarán ningunha das notas obtidas nos diferentes apartados.
  • Acudir ás prácticas coa indumentaria indicada (Bata clínica e/o pixama). Para a realización dalgunhas prácticas será necesario acudir coa roupa deportiva indicada no seu momento.
  • O estudante deberá esta debidamente identificado no campus virtual, cunha fotografía tamaño carné recente.

O formato do exame: 
  • Teórico: tipo test e de resposta múltiple (4 ó 5 posibles respostas por pregunta). 
  • Práctico: desenvolverase de modo teórico/práctico nos laboratorios do centro. O alumno deberá responder e realizar as probas clínico/ exploratorias que se lle soliciten. 
  • Deberase superar de modo independente a proba teórica e a proba práctica para aprobar a materia. 
  • Obrigatoriedade de superar os 5 puntos sobre 10 para superar a materia, tanto no apartado teórico como no práctico. 

Tamén será necesario a realización de todas e cada unha das prácticas de laboratorio para superar a materia.

O non presentado outórgase ao non presentarse á convocatoria. A matrícula de honra aplicásese naqueles casos que se alcancen os 10 puntos.

Cando o alumno non supere de maneira independente una ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará coa nota da parte teórica por ter unha maior porcentaxe no global das cualificacións.

 O feito de non presentarse a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.

 As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida. Unha vez finalizado o curso académico, non se conservará ningunha cualificación dos diferentes apartados.

  

MATRÍCULA PARCIAL:

 Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

Segundo o  establecido na normativa da UDC:

1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder #de acordo con a cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

5.-Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes