Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Diagnóstico por Imaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ten como finalidade a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor.
Os contidos incluidos nesta modalidade serán os fundamentos físicos da imaxe diagnóstica.
Complementase coa aprendizaje colaborativa nos contidos de artefactos de imaxe.
Portafolios do alumno O alumnado deberá dispor de xeito ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, os rexistros produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno que incluen: apuntes ou notas de clases, resumes, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais con preguntas interactivas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Esta modalidad empregarase para proporcionar o alumnado experiencia derivada da practica clínica, que habitualmente non se presenta na bibliografía e por tanto difícil de acadar sen práctica asistencial
Estudo de casos O alumnado enfrontarase a un problema concreto (caso), que lle describe unha situación clínica real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar os feitos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Esta decisión pode fundamentar tanto a elección de técnica de imaxe más axeitada como as diferentes opcions diagnósticas posibles.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Proba de resposta breve O alumnado debe afrontar a cuestions relacionadas coa asignatura identificando a opción correcta. Inclue conceptos de física da imaxe diagnóstica así como técnicas de imaxe. Debe identificar tamén cortes e proxecciones relacionadas coa técnica correspondente así como a rexión anatómica correspondente.
Prácticas clínicas Amosaránse diferentes imanes diagnósticas para o seu recoñecementeo específico identificando técnica empregada, proxección ou plano, rexión anatómica estudada, así como os achados mais relevantes para o diagnóstico por imaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes