Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ética, Lexislación e Xestión en Podoloxía
   Competencias do título
Código Competencias do título
A91 CE27 -Coñecer a organización e xestión da consulta profesional de podoloxía e adquirir a capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía
A92 CE28 - Actuar en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, os principios éticos universais, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis
A93 CE29 - - Coñecer os dereitos do paciente, a responsabilidade civil e sanitaria, o marco, os dereitos e obrigacións do profesional, os problemas éticos no exercicio da profesión e os instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B33 CG06 - Adquirir a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e o uso eficiente dos recursos sanitarios, así como a xestión eficaz da documentación clínica, con especial atención á súa confidencialidade
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B38 CG11 -Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica, actuando sempre en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas, da lexislación vixente e dos criterios de normopraxis, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C12 CT04 -Desenvolver o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C13 CT05 -- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes