Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A96 A97 A98 A99 B28 As preguntas test conteñen unha soa resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada 2 preguntas non acertadas eliminan 1 resposta acertada. As preguntas en branco non restan.
Tódalas respostas deben respostarse na plantilla. Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla.
As respostas deben marcarse na plantilla cunha X, abarcando todo o cadro da resposta sinalada.
Eliminaranse tódalas respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incertidume sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0,2 puntos.
65
Seminario B26 B27 B36 B39 C9 C11 C17 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade.
20
Prácticas de laboratorio B25 B30 B34 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
15
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase de maneira detallada a guía docente da materia e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das sesións maxistrais, dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar o exame test da materia.

2.2 Asisitir o 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total nunha escala numérica de 1 – 10; dun 5 (Apto), que so computará no caso de superar na súa totalidade o exame tipo test.

2.3 Debe obterse no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por enriba do 9.5 puntos acadará a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que exista empate entre o alumnado na calificación por enriba de 9.5 puntos, acadará a calificación de matrícula de honra o que entregara o exame da proba mixta no menor tempo posible.

3. SEGUNDA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

3.2 As cualificacións dos seminarios e prácticas de laboratorio non computarán, aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas oportunidades e convocatorias.

4.ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL CON OBTENCIÓN DE DISPENSA ACADÉMICA:

4.1 Cómpre obter no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final.

4.2 Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade o exame test, sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final.

5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio, seminarios ou ao exame test, na oportunidade e convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes