Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortopodoloxía Clínica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A103 A104 A106 O alumnado debe superar a proba práctica da materia cun mínimo do 50% da avaliación total da mesma para superar a materia 10
Seminario A103 A104 B24 B39 Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos seminarios. Non é obrigatoria a asistencia a os seminarios para superar a materia, pero si avaliable. 10
Prácticas clínicas A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA SUPERAR A MATERIA.
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas mesmas. O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Traballos tutelados A105 B39 C9 C16 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estructura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición . É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Proba obxectiva A103 A105 A106 A110 B28 Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, prácticas clínicas e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
60
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:



- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas. A FALTA DE ASISTENCIA INXUSTIFICADA* A ALGUNHA DAS PRÁCTICAS SEGÚN O CALENDARIO MARCADO Ó INICIO DE CURSO SUPORÁ O SUSPENSO DA MATERIA. O alumno/a que non poda asistir a prácticas por unha causa xustificada debe avisar ó docente a través do correo electrónico canto antes e nunca mais tarde do día da práctica e posteriormente presentar un xustificante nun prazo de 7 días. Non dar aviso ó docente en tempo ou non presentar o xustificante en prazo suporá o suspenso das prácticas clínicas.

- PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da calificación total desta.



- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da calificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas*.



- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da calificación
total desta.





É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

*A FALTA DE ASISTENCIA ÁS PRÁCTICAS CLÍNICAS, ACTIVIDADES OBRIGATORIAS OU PROBAS DE AVALUACIÓN TAN SO ESTARÁN XUSTIFICADAS POLAS SEGUINTES CAUSAS: 

a) Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (indispensable previo aviso á docente a través do correo electrónico e xustificante médico do mesmo día ou anterior á falta). 

b) Falecemento dun familiar ata o terceiro grao ata catro días antes. 

c) Citación xudicial que coincida coa data da práctica ou proba.

d) Asistencia como membro a unha sesión do Claustro, do Consello Social, Consello de Goberno ou de calquera órgano colexiado de goberno da UDC ou de calquera órgano onde se acuda en representación da UDC, que coincida coa data da práctica ou proba.

e) Participación en competición deportiva como deportista de alto nivel ou alto rendemento, ou como deportista da UDC participando en competicións de ámbito autonómico ou superior.

f) Asistencia a unha mobilización estudiantil cando coincida coa realización dunha tarefa ou actividade cuxa inasistencia afecte á cualificación da materia. En todo caso naqueles termos que regulen os órganos de goberno da Universidade.

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.



NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".



MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas*. A
asistencia ós seminarios pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesario obtener un 50% da calificación global da asignatura.

DISPENSA. O alumnado con solicitude de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (80%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. 



OPORTUNIDADE ADIANTADA. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto das convocatorias, según o tipo de matrícula do estudiante.



2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
seminarios, traballos tutelados e exposición oral durante dous cursos sempre que participase e
superase as diferentes actividades.

Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes