Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Patoloxía Podolóxica I Código 750G02119
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Pérez García, Sergio
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
sergio.perez.garcia@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia de Patoloxía podológica I, integrará os temas necesarios para adquirir os coñecementos para realizar un diagnóstico, prognóstico e plan de tratamento dos procesos patolóxicos, morfolóxicos e funcionais do pé. A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé. A Patoloxía Podológica atópase dividida en dúas materias no actual título de grao, esta primeira materia que aborda un estudo xeral das patologias e alteracións morfofuncionales do pé que no curso posterior completarase co estudo das patologias do pé asociadas a procesos sistémicos e cos procesos patolóxicos característicos de diferentes etapas da vida. Os contidos a desenvolver na materia son: Técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento integral da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepié e do retropié. Deformidades congénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica.
Plan de continxencia As presentes medidas de plan de continxencia recollen liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19 e a promulgación de decretos e normativas que podan afectar a o normal desenvolvemento da asignatura. ALUMNADO EN CONFINAMIENTO / CUARENTENA Os alumnos/as en confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito deberán seguir as medidas previstas por sanidade e a normativa da UDC. Durante este periodo poderán participar nas actividades de metodoloxía presencial non práctica por vía telemática. As ausencias ás prácticas recuperaranse, na medida do posible, seguindo as directrices das normativas da facultade e a UDC
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes