Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A100 A103 A105 B24 B25 B28 B29 B30 C9 A entrega de actividades realizarase na Plataforma Moodle a entrega e obtención do 50% da calificación das mesmas será obrigatoria para superar a materia.
As actividades propostas computarán un 8% da calificación final da materia.
O alumnado de matricula parcial deberá entregar as actividades e obter o 50% da puntuación que nestos casos será o 10% da puntuación total da materia.
Na proba mixta incluiránse dous casos que o alumnado debe resolver de forma individual e obter 0 50% da puntuación da mesma para superar a materia. A proba de estudo de caso computará un 12% da puntuación final da materia.
En segunda oportunidade e oportunidade adiantada de non ter entregadas e superadas as actividades no cursa anterior os casos a resolver na proba mixta final computarán o 20% da calificación final da materia sendo obrigatorio acadar unha puntuación mínima de 13 puntos.
20
Prácticas clínicas A100 A103 B24 B25 B28 B30 B31 B39 C9 C15 C17 Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula.
Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a asistencia, actitude e aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico, a avaliación dos mesmos terá un peso de 5 puntos no global da materia.
O alumnado deberá cubrir un cuestionario sobre aspectos relacionados con la práctica clínica que tendrá un valor de 5 puntos.
10
Proba mixta A100 A103 A105 B25 B27 B28 B29 B30 B36 C9 C10 C16 C17 Proba escrita na que poderanse combinar preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas estudiadas na materia.

A puntuación das preguntas desta proba especificarase na normativa do exame, tendo en conta que o alumnado debera superar o 50% das preguntas obxectivas para superar a materia.


70
 
Observacións avaliación
  1. Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clinicas  e superar  (50% do seu valor total) as actividades propostas nos seminarios e casos clínicos así como a proba mixta e os casos clínicos.
  2. As cualificacións das prácticas, estudos de casos  e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as  cualificacións das prácticas, estudo de casos e  os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación da proba mixta. A cualificación que figurará no acta en caso de non superar a proba mixta, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación. 
  3. En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións das prácticas dos cursos anteriores. O alumnado deberá facer unha proba práctica e superar a proba mixta que inclue o estudo de casos e materia dos seminarios.
  4. A cualificación de Non Presentado outorgarase cando o alumnado non sexa evaluado nalgunha das actividades de avaliación continua, sempre que o alumnado realice as practicas da materia obterá unha calificación na mesma na primeira oportunidade.
  5. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9.5, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de otórgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación media, pudiesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a atitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
  6. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial que obteña a dispensa académica debe de comunícalo obligatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatório ao 100% a realización das prácticas.O alumnado entregará as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. 
  7. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita e proba práctica de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final ( proba de estudo de casos 25%, proba mixta 75%), o alumnado que acceda a esta modalidade deberá ter cursado as practicas da materia nos 2 cursos anteriores.
  8. PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que pudiese haber lugar tras o correspondente procedemento.
  9. realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes