Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Podoloxía Física Código 750G02121
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Profesorado
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Podoloxía Física é unha materia pertencente ao 2º Cuadrimestre do 3º curso do Grao de Podoloxía. O obxectivo da materia é formar ao alumnado que a curse na aplicación de terapias físicas e de rehabilitación dentro do marco legal da Podoloxía.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Ningún 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: -Sesión maxistral. Adaptarase a presencialidade á situación epidemiolóxica do momento. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico), farase de forma telemática, se é posible participando en directo telemáticamente na sesión do TEAMs da Materia. No caso de confinamento total atenderase ás instrucccións da UDC, puidendo ter que impartir a docencia virtual total da materia. *Metodoloxías docentes que se modifican: -Prácticas de laboratorio. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico) modificarase na medida do posible o calendario de prácticas puidendo ter que facer cambios de data do grupo que realizará as prácticas, para cumprir, sempre que se poda, o número de prácticas totais do alumnado. De non poder realizarse o 100% das prácticas clínicas intentarase a recuperación de, como mínimo, o 50% das mesmas dentro do periodo permitido. -Semimario. Os seminarios presencias de darse o caso de non poder realizarse por corentena, confinamento xustificado (individual ou grupal) ou confinamento total serán sustituidos por outras actividades virtuais a través de Teams e/ou Campus Virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada realizarase a través do correo electrónico e da plataforma Teams no horario de titorías da docente. 4. Modificacións na avaliación As metodoloxías e porcentaxes de avaliación se manteñen. -A PROBA OBXECTIVA realizarase de modo presencial según as normas de presencialidade do momento. -SEMINARIO. Avaliarase a participación nos seminarios realizados presencialmente e/ou a participación e resolución das actividades virtuais. -PRÁCTICAS DE LABORATRIO. De darse a situación de non poder levar a cabo a totalidade das prácticas o alumnado deberá realizar un mínimo do 50% das prácticas para superar a materia, recuperándose posteriormente no periodo permitido. Nesta situación avaliarase as prácticas realizadas( mínimo 50%). *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes