Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A112 B24 B27 B29 B30 B36 C9 Exame con dúas seccións: Exame con preguntas obxectivas (50-100) e cuestión de desenvolvemento de casos clínicos. Cada pregunta de opción múltiple terá 5 opcións, das cales só 1 será válida. Por cada 2 preguntas incorrectas, restarase unha correcta. A pregunta de desenvolvemento basearase en casos clínicos. Para aprobar a materia é necesario que o alumno obteña, como mínimo, o 60% da nota en cada apartado (proba e desenvolvemento) desta proba, e que a suma de todos os ítems da avaliación sume como mínimo. 5. puntos de 10 60
Prácticas de laboratorio A112 B27 C9 C14 A asistencia a prácticas é obrigatoria e sometida a avaliación por un total do 25% desde apartado. En caso de necesitar realizar algún cambio, será imprescindible que se realice un cambio con algún compañeiro/a. Evaluaráse o portafolio de prácticas que o alumno deberá ir realizando tras cada práctica presentandoo cando haxa realizado todas ellas. E necesario acadar o 50% da nota de cada un dos trabajos para superar a materia. De non ser superado o 50% de cada traballo terase que recuperar a parte correspondiente na seguinte convocatoria.
25% prácticas + 75% portafolio
20
Seminario B24 B30 B39 C14 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria pero sí imprescindible para poder presentar os trabajos que se realizarán na dedicación de horas non presenciais. Os alumnos que non asistan os seminarios non terán opción de presentar o trabajo correspondente. 10
Sesión maxistral A112 B27 B29 B36 C9 O alumnado realizará traballo en grupo de cada tema impartido nas sesións maxistrais. Neles se diseñarán un número de preguntas a determinar no comezo do curso e que serán as que conformen a proba mixta da materia no caso en que estas cumplan os estándares mínimos que se exporán na aula. 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible a asistencia as prácticas, ter acadado o 50% da nota de cada traballo de prácticas e o 60% de cada sección da proba mixta. En caso de non superar unha destas partes e polo tanto a materia non estea superada otorgaráse a nota da proba non superada e deberá recuperar a parte suspensa na seguinte convocatoria de evaluación.  

Non se recuperarán as prácticas que non fosen debidamente xustificadas segundo a normativa académica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Calquera indicio de copia, falsificación ou plaxio en calquera das partes da materia será causa de falla na materia cunha nota numérica de 0.

Calquera falta de disciplina ou comportamento será motivo de expulsión da aula e suporá o suspenso da materia cunha nota numérica de 0.

Estableceranse 5 preguntas de reserva na proba mixta que poderán ser usadas para o redondeo da nota do exáme e da materia. 

O/a alumno/a que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Desta forma será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.

Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial ou dispensa, poden realizar as actividades avaliables da sesión maxistral e seminarios de modo individual e a distancia. A asistencia ás prácticas de laboratorio continuarán sendo requisito imprescindible para superar a materia. 


2º convocatoria. O alumnado presentado a 2º oportunidade gardaráselles as notas das  diferentes metodoloxías avaliadas sempre que participase e superase as diferentes actividades.

O alumnado que concorra a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do/a alumno/a antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e o alumnado ha de ser consciente deste feito.

O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnado matriculado. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os candidatos.

A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles/as alumnos/as que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes