Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Física
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Patoloxía Podolóxica II/750G02120
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum I/750G02134

Materias que continúan o temario

Observacións

MATERIAL DOCENTE:

Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal.

Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.

PERSPECTIVA DE XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas deaplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva dexénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía deautores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas...)

-Traballarase para identificar e modificarprexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos efomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situaciónsde discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas paracorrixilas.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. 
  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes