Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio audiovisual de imaxes, vídeos, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario.

Poñerase ao dispor do alumnado, de maneira secuencial e a través do Campus Virtual, todo o temario cos contidos teóricos da materia. Para que as sesións presenciais teñan un carácter máis interactivo, é recomendable unha lectura detida do tema que se vaia a impartir na sesión correspondente. No campus virtual estará dispoñible un cronograma orientador cos temas que se traballarán en cada sesión expositiva.
Prácticas clínicas As prácticas da materia de Podoloxía Deportiva teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista, e incidirase na aplicación das probas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, e a aplicación de tratamentos podolóxicos adaptados ao paciente deportista.
Proba obxectiva Proba obxectiva de 25 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta.
Estudo de casos Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva. Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico, o tratamento e a prevención de recidivas.
O número de casos da proba escrita final oscilará entre 2 e 3 casos clínicos.
Seminario Os seminarios da materia de Podoloxía Deportiva consistirán no estudo de temas específicos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, etc.), mediante diferentes actividades de traballo, fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates, ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podológico das deportistas.

As actividades dos seminarios poderán desenvolverse na aula da Facultade de Enfermería e Podoloxía ou na aula e nas salas da Clínica Universitaria de Podoloxía. No campus virtual estará dispoñible cronograma orientador cos días nos que se planificarán os seminarios para cada grupo ou grupos de estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes