Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Estudo de casos
Prácticas clínicas
Seminario
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías";, ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes no Campus Virtual da UDC, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia (A través da plataforma TEAMS).

Atención personalizada ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Para o seguimento das actividades non presenciais o alumnado incluído neste suposto poderá solicitar as titorías preferentemente por medios telemáticos, se así o considera oportuno, co fin de realizar un seguimento das devanditas actividades, así como do resto de metodoloxías da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes